Fondo cabecera

Ruta da Marronda - Alto Eo

recursos_nat_marronda

Homologada pola Federación Galega de Montañismo co número PR-G 145, totalmente sinalizada seguindo a normativa vixente, a ¿Ruta da Marronda-Alto Eo¿ discurre polas parroquias de A Braña, Martín e Cubilledo. Con esta ruta preténdese dar a coñecer a gran riqueza natural desta zona, coa Fraga da Marronda e a beleza do río Eo.

Trátase dun sendeiro circular, cunha distancia total de 21,30 km. que nos permite facer a ruta tanto nun sentido coma noutro, ven desde San Paio ou dende a Area Recreativa de A Cortevella, o percorrido tamén nos permite dividir en a mesma en subrutas máis pequenas.

O traxecto discorre por pistas, canles, sendas e camiños de paso tradicionais, percorrendo as beiras do Eo dende case o seu nacemento en Fonteo ata chegar a Cortevella, onde nos sorprenderá cos seus meandros, podendo disfrutar do fermoso paisaxe fluvial que o río deixa ó seu paso así como de espectaculares fervenzas coma a de a Acea de Serra e a de O Pozo da Ferreira. O percorrido tamén nos permitirá disfrutar da parte alta da Fraga da Marronda, penetrando pola Fraga. A proximidade da estrada da Cortevella permítenos facer a división da ruta en dúas etapas.

Ruta Principal: San Paio ¿ Cortevella ¿ San Paio

Lonxitude: 21,30 km.
Duración aproximada: 7 horas 30 minutos
Puntos de interese: San Paio, Cabreira, Río Eo, Fervenza da Acea de Serra, Fervenza do Pozo da Ferreira, Capela da Pastora, A Cortevella, Miradoiro do Muiño, Fraga da Marronda, Pena da Raia.
Percorrido: A ruta pode facerse en ambos sentidos, desde San Paio, baixando á beira do río Eo ata chegar a Cortevella para logo volver ascender atravesando a Fraga da Marronda para chegar novamente a San Paio, ou dende San Paio ascendemos ata chegar á Marronda e Mendreiras, para logo baixar ata Cortevella e río arriba chegar novamente a San Paio.

Tramo: San Paio ¿Cabreira ¿ Cortevella

Lonxitude: 10,20 km.
Duración aproximada: 3 horas ,10 minutos
Dificultade: Fácil.
Percorrido: Saimos de San Paio descendendo aproximadamente 1400 metros pola marxe esquerda do río Eo ata chegar á ponte do Naseiro, onde cruzamos o río para pasar á marxe dereita, tomando un camiño descendente na marxe dereita do río Eo, que pasa preto do Monte da Reborda e vai cara ó Monte do Naseiro, ata chegar a Cabreira. Ó longo deste percorrido podemos disfrutar das fervenzas da Acea de Serra en San Paio e do pozo da Ferreira no descenso hacia Cabreira. En Cabreira atravesamos o río por unha ponte que nos leva cara á Capela da Pastora, a 1,8 km. atopamos o rego do Monte Meán, a continuación pásase pola Granda do Marco, pasando ó lado do Montillón, despois de 1800 metros chegamos ó Rego da Teixeda e despois duns 2 km. chegamos a Area Recreativa de Cortevella.

Tramo: San Paio ¿Mendreiras ¿ Cortevella

Lonxitude: 11,10 km.
Duración aproximada: 4 horas, 20 minutos
Dificultade: Media ¿ Alta.
Percorrido: Iniciando o camiño en San Paio, tómase en sentido leste e ascendente cara ó monte da Pena Cerrada, xa no alto, a ruta toma dirección norte por unha pista de terra, que nos leva cara a Pena da Raia e o Lombo de Soutambío. Seguindo a parte alta do monte entre plantacións arbóreas o camiño chega á pista da Marronda, por onde chegamos á Fraga da Marronda que atravesamos a través da citada pista. O camiño mantense aproximadamente á mesma altura ata chegar a Chao do Couso, onde abandonamos a pista para enlazar cun camiño que vai pola ala leste do Pico descendendo cara a Mendreiras. Posteriormente continuamos descendendo cara a Cortevella, onde chegaremos a Area Recreativa da Cortevella, onde podemos disfrutar novamente do río Eo, e o seu miradoiro.

Calquera das rutas se pode facer en sentido inverso xa que a sinalización e a información sobre distancias está en ambos sentidos, o que permite facer o percorrido en calquera dos sentidos.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baleira
Concello de Baleira
Avenida Doctor Escobar s/n – 27130 Baleira - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 35 40 59
E-mail: info@concellobaleira.es
Esta página utiliza cookies propias y de terceros con la finalidad de mejorar la navegabilidad, usabilidad y los contenidos. Si continúas navegando, nos otorgas tu consentimiento y autorizas a la transferencia de datos a EEUU al utilizar el servicio y funciones de Google para la recopilación de datos analíticos y fines publicitarios. Puedes conocer más acerca de las cookies en nuestra Política de Cookies. ACEPTAR | +info