Este templo é anterior o século XVIII, pero sufriu moitas reformas. Os muros son de pedra, revestidos e branqueados; as cubertas de madeira e lousa con diferentes vertentes: a nave con dúas e campanario dun só van sobre a fachada, a capela mayor con catro, comunicándose coa anterior por medio dun arco triunfal de medio punto con impostas e a sacristía dunha soa vertente.
O retábulo mayor, salomónico de catro columas, repintado, posúe esculturas de San Miguel, San Roque e San Antonio de Padua, todas do século XVIII. Ademais son parte do seu patrimonio dous cálices de prata repulidos, un de grabados e outro de gallóns, os dous do século XVII.