Fondo cabecera

IGREXA DE SANTA MARIÑA DE LIBRÁN

monumentos4

A igrexa, ainda que sofreu varias modificacións, conserva elementos de estilo románico. Adosada á fronte da fachada principal está a torre que representa dous corpos: un inferior con arco apuntado formando unha especie de cabido e outro superior con catro vans para as campás, arco de medio punto e impostas sinxelas.

A nave, a dúas augas, posúe unha porta principal e unha lateral alinteladas, ademais de signos evidentes da existencia dunha dependencia que non se conserva adherida ó lenzo dereito. A capela maior ábrese con arco triunfal de medio punto, metras os outros tres arcos forman unha especie de fornelos de grande tamaño. Na parte posterior existe unha ábsida semicircular de probable orixe románica, aínda que foi modificada polas reformas.

A imaxe de Santa Mariña preside o retábulo maior, barroco popular con estípites. Ademais hai esculturas de Santa Isabel, San Antonio, San Xoán, todas dos sécalos XVIII e XIX, e unha Vires sedente con Neno, de tradición románica. Varios cálices de metal e unha pía bautismal gallonada, de granito, de grandes proporcións e posible procedencia medieval forman parte das propiedades desta igrexa.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baleira
Concello de Baleira
Avenida Doctor Escobar s/n – 27130 Baleira - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 35 40 59
E-mail: info@concellobaleira.es
Esta página utiliza cookies propias y de terceros con la finalidad de mejorar la navegabilidad, usabilidad y los contenidos. Si continúas navegando, nos otorgas tu consentimiento y autorizas a la transferencia de datos a EEUU al utilizar el servicio y funciones de Google para la recopilación de datos analíticos y fines publicitarios. Puedes conocer más acerca de las cookies en nuestra Política de Cookies. ACEPTAR | +info